Este ano por fin volvemos facer a nosa querida feira... xa nos tardaba!
O proxecto do centro deste ano como xa sabedes foi ECOESCOLARES.
Cada clase ou clase elixiu un tema para tratar sobre reciclaxe ou medio ambiente e nós, o alumando de 5º e 6º eliximos o cambio climático e as pradeiras mariñas para facer un stand sobre a nosa investigación.
Durante todo o curso, e sobretodo, nestas últimas semanas... os alumnos/as de 6º estivemos investigando que era iso de CAMBIO CLIMÁTICO: as súas causas e consecuencias, quenes con os responsables, como podemos solucionalo...
E con toda esta información, elaboramos unha breve exposición e unha maqueta do noso planeta enfermo. Tamén decoramos cos nosos slogans e anuncios do trimestre pasado e recheamos un dos nosos disfraces de osos polar para que quedara todo máis bonito.
Ademáis de todo isto, elaboramos dous xogos sobre o cambio climático (memory e mariola) para que xogaran os nosos compañeiros/as do cole.
O alumnado de 5º tamén investigou sobre as PRADEIRAS MARIÑAS e fixeron un libro pop-up e un diorama. Todas as nosas maquetas quedaron así de bonitas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario