Archivo del blog

martes, 31 de octubre de 2023

 Chegou o samaín

Durante estes días no 3° ciclo estivemos a facer varias actividades para acercarnos as tradicións do samaín e do halloween.


Nas clases de inglés, coa maestra Fifí, estivemos a crear pantasmas para decorar as nosas aulas. Tamén decoramos cabazas que logo expuxemos nun improvisado expositor no noso corredor. Así de fermoso quedounos. 





Nas clases de 6°, Na área de Educación Artística, estivemos a deseñar as nosas casas encantadas. Algunas delas Dan moito medo.






Nas clases de 6°, na área de lingua Galega, estivemos a crear en parellas e tríos historias de medo. Despois as lim
os na biblioteca. Deixámosvos o vídeo de dúas das historias terroríficas, esperemos queuq as disfrutedes tanto coma nós. 




para poñer fin a celebración do samaín, nas clases do 3° ciclo participamos nuns talleres terroríficos, moi divertidos. 

Na clase do profe Javier, fixemos xogos de adiviñas en inglés (grazas a profe Fifí) e marcapáxinas terroríficos. 



Na clase da profe Fernanda fixemos máscaras de halloween. 


Na clase da profe Iria fixemos pulseiras do samaín e xogamos a xogos de mesa.

















Na clase do profe David, movimos o esqueleto, con bailes terroríficos e Moita música.


Que pasedes un feliz samaín!!!🎃🧟🦴👻☠️

martes, 17 de octubre de 2023

Os artistas de 6º

 OS Artistas De 6°

Nas clases de 6° de Educación Primaria na área de Educación Artística estivemos a traballar co retrato.

Os mestres David e Iria propuxéronnos crear un retrato dun compañeiro da clase.
Ao principio pareceunos moi complicado, pero tras varios bocetos e con paciencia, conseguimos estes fermosos resultados. 







Podedes ver todos os nosos retratos nas portas das nosas aulas, que anticipan aos nosos visitantes o gran equipo de persoas que se atopan detrás desas portas.