Archivo del blog

viernes, 23 de febrero de 2024

FELIZ DÍA DO AMOR

No 3 ciclo gústamos moito celebrar todas as  conmemoracións. E San Valentín, o día do amor, non podía faltar no noso calendario. 

Nas clases de 6° estivemos a deseñar os distintos tipos de estrofas traballados na clase de galego (pareados, cuartetos, serventesios...) coa temática de amor.

A continuación, deixámosvos algúns vídeos coa recitación dos nosos versos.








APADRIÑAMENTO LECTOR 

Outro ano máis, grazas a nosa Biblioteca Carabela, fixemos de padriños e madriñas lectores dos nenos e nenas de Educación Infantil.


Lémoslles diferentes contos polos corredores do colexio e na biblioteca. Pasamos unha xornada moi divertida!! 















jueves, 22 de febrero de 2024

 ENTROIDO DE CINE NO CPI AS MIRANDAS



Aínda que este ano o tempo non nos acompañou para que puidésemos desfilar polas rúas de Ares, non deixamos de celebrar o noso tradicional entroido. Este ano a temática foi de cine, nunca mellor dito. Polo pabillón do cole desfilaron personaxes de emblemáticas películas de todos os estilos: Robin Hood, Piratas do Caribe, Karate Kid, Air Bud, acompañados dun grande equipo técnico de profes.

Rematamos a xornada degustando uns riquísimos doces de entroido: orellas, freixos, rosquillas, chocolate.... grazas a colaboración das nosas familias. Unha vez xa fartos, chegou o momento de bailar e de mover o esqueleto, para iso improvisamos a nosa propia discoteca, onde non faltaron as luces de cores e a boa música.  Unha xornada estupenda!.

 Aquí vos deixamos o vídeo do desfile do pabillón do alumnado de infantil e de primaria. 



QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!!

   30 DE XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA PAZ 

A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas  propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora.

Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.

Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. 


O acto finalizou cantando todos xuntos  a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.




 CELEBRAMOS O NADAL NO 3º CICLO!

Durante o mes de decembro para festexar o Nadal (que tanto nos gusta) os mestres e mestras preparáronnos un calendario de advento. Cada día tiñamos que abrir un saco do calendario e ver que actividades nos tocaban. Entre as tarefas propostas fixemos ditados musicais, xogos de sopas de letras, manualidades de Nadal e ata o xogo do amigo invisible. 

Outra das actividades que fixemos foi deseñar unha postal de Nadal e escribir nela unha felicitación para un familiar ou amigo. Unha vez rematadas, fomos a envíalas á Oficina de Correos, para que chegaran a tempo ao seu destino. 

Tamén fixemos o xogo do amigo invisible, cada un de nós tiñamos que preparar un agasallo na casa para un dos nosos compañeiros e compañeiras. Que ben o pasamos, cando os abrimos!!!

Por último estivemos a preparar as cancións para o festival de Nadal! Cinco de nós fixemos de presentadores da Gala de Nadal de Infantil e Primaria polo que tamén tivemos que repasar e ensaiar o noso guión. Tamén fomos polos comercios locais a buscar produtos para realizar un sorteo de lotes de Nadal o día do festival e así poder recaudar diñeiro para a nosa excursión de final de curso. Isto foi posible grazas aos mestres Iria e David. 


































Deixámosvos o vídeo das actuacións do noso ciclo o día do FESTIVAL DE NADAL!!


QUE PASEDES UN BO NADAL!!!!


 VISITA Á XUNTA DE GALICIA, Ó PARLAMENTO, Á CATEDRAL E O MUSEO DE HISTORIA NATURAL


O pasado mércores os alumnos e alumnas do 3° ciclo fixemos unha saída a Santiago de Compostela.

Pola mañá visitamos a Xunta de Galicia, alí unha guía nos explicou as características arquitectónicas do edificio e a súa historia. Unha vez no interior visitamos a sala onde se reúnen os secretarios técnicos xerais e coñecimos a súa función.
Tamem visitamos a sala onde se reúnen o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os seus concelleiros/as para a toma de decisións. Algúns de nós convertémonos en concelleiros/as e tivemos que explicar as función da nosa concellería.

Despois visitamos o Parlamento. Alí nos explicaron tamén a historia do edificio, facendo especial fincapé na gran cantidade de obras de arte que alí podemos observar. Visitamos varias salas onde se reúnen os nosos políticos e nos puxeron un vídeo onde nos explicaron brevemente as funcións principais desta institución. Tamén fomos á sala onde se reúnen o presidente e os concelleiros/as, fixemos un xogo, onde tiñamos que ser representantes políticos e tivemos que saír ao atril para formular as nosas propostas de mellora para Galicia. No Parlamento nos agasallaron cunha mochila e un libro. 

Fixemos unha parada para comer na Alameda.

Pola tarde dimos un paseo pola zona vella de Santiago de Compostela e visitamos a catedral. Despois visitamos o Museo de Historia Natural de Santiago. Un gran descubrimento, onde puidemos ver milleiros de especies de animais disecados, e fixemos xogos e obradoiros. 

Pasámolo xenial!