Archivo del blog

lunes, 11 de septiembre de 2023

 Benvid@s a un novo curso de ALUCINE

Mañá, 11 de setembro, as portas do CPI As Mirandas vólvense abrir.


A vós, nenos e nenas de 4° de primaria, o 3° ciclo está desexando recibirvos. Os mestres Fernanda e Javier teñen moitas ganas de  coñecervos, e que volvades a encher de barullo, segredos, aprendizaxes...o corredor e as aulas, que agora están tan baleiras.

A vós, nenos e nenas de 5° de primaria con destino a 6°, aínda que xa sodes veteranos neste ciclo, tamén vos espera un ano de cambios, con dous mestres novos, David e Iria, que están desexando comenzar esta nova aventura, sacando o mellor talento de cada un de vós.

Mañá enchede a vosa mochila con ilusión, e por suposto vide cun gran sorriso. 

Comezamos!