Archivo del blog

domingo, 17 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este venres, 15 de maio,  celebramos  no noso cole o  Día das Letras Galegas  e para conmemoralo, ademais dos traballos e debuxos  realizados para recordar a figura de Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano, fixemos unha festa con bailes e cantigas da nosa terra.  En hora boa a todos os nenos e nenas, as/os profes e por suposto a ese gran grupo de”ghaiteiros”  da nosa comunidade escolar.  Especial mención a Teresa, Elena, Teri e Simón que tan ben amenizaron este día. Fixéronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.

                                            
                                                 Feliz día das letras galegas!!!


Podedes ver o vídeo pendurado máis abaixo


viernes, 15 de mayo de 2015

jueves, 14 de mayo de 2015

GAIÄS .VIDEO PROMOCIONAL

Na nosa visita ao GAIÁS fíxose un video promocinal das visitas. Os nosos alumnos formaron parte del.Enviaronnos o enlace para poder velo, Compartímolo con todos vos. Video cidade da cultura de Producción miramemira

miércoles, 6 de mayo de 2015

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Esta mañá, os rapaces de 4º ,5º e 6º de E.P. participaron nunha xornada de deporte escolar xunto cos compañeiros de Mugardos e Franza. Era unha proba de duatlon. Fixéronno moi ben todos. Animámolos a seguir participando. O deporte sempre é importante. Noraboa a todos polo seu esforzo.

IMOS PREPARANDO OS NOSOS DISFRACES.

COMO VEDES A CHEGADA DO ENTROIDO TRÁENOS ALGÚN TRABALLO EXTRA NO COLE,POIS NOS ENCARGAMOS DE PREPARAR OS NOSOS DISFRACES. PASÁMOLO MOI BEN, TRABALLANDO E PROBANDO!!!!!

martes, 5 de mayo de 2015

PREMIO ONCE

Dende o noso blogue quero felicitar aos meus alumnos de 5ºB de E.P polo primeiro premio acadado a nivel provincial no concurso da ONCE no que hai pouco participamos.O traballo consistía en elaborar unha noticia sobre as empresas solidarias.O lema "PERSOAS QUE PENSAN EN PERSOAS" Visitamos en Santiago unha lavandería ILUNION, alí todo foron atencións cara os nenos e eles mostraronse tamén moi interesados en todo o que Rafa( o director da empresa) lles dicia. Saliron de alí sabendo como as persoas con discapacidades poden levar a cabo o seu traballo coma todos nós.(Eles tiñan outra idea sobre a discapacidade) Tamén quero dar gracias a Yoli, que nos acompañou nesta viaxe e prestou en todo momento a sua colaboración. Agora o noso traballo vai a fase autonómica, pero nos xa nos sentimos gañadores,sexa cal sexa o seguinte paso.... NORABOA RAPACES !!!!!!!!
Aquí deixamos o traballo gañador. Esperamos que vos guste a todos!!!!!!!

SOGAMA

Hai uns días traballamos a reciclaxe nunhas charlas que dende SOGAMA nos viñeron dar. Foron moi interesentes,amosáronnos como debemos utilizar os diferentes tipos de contenedores, segundo a súa cor, a regra dos tres R...... Todos debemos contribuír a manter o noso mundo máis limpo e non esgotar os recursos naturais. Temos que ter en conta que se todos facemos ben as cousas,deixaremos un mundo mellor.

sábado, 2 de mayo de 2015

EXCURSIÓN A SANTIAGO

Os alumnos do 3º ciclo,fixemos o 23 de abril unha viaxe educativa a Santiago. En primeiro lugar visitamos o CITIUS Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e o CIQUSCentro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares .Quedamos todos entusiasmados facendo experimentos e aprendendo moitas cousas. Coido que a partires dese día todos pensamos ser "UN POUCO CIENTÏFICOS". Non poderíamos dicir o que máis nos gustou,porque non saberíamos que elexir. Queremos dar as grazas a toda esa xente que a o longo da mañá nos permitiú ver e experimentar tantas cousas...... GRAZAS! Deixamos aqui un bo recordo da nosa visita. Despois da visita da mañá, fumos xantar ao GAIÄS. Despois acompañados duns monitores e divididos en grupos fomos recorrendo o Camiño de Santiago, pois esa era a exposición que nos amosaron. Pareceunos moi interesante pois é algo moi cercano a nós.Xa ao final montamos uns recortables en cómic do camiño. É para despedida deslizámonos polos telladiños....... Pasámolo Xenial!!! Ainda que os pantalons sufriron un gran desgaste (Sabemos a que nos referimos). Tamén deixamos conta diso.