Archivo del blog

viernes, 22 de diciembre de 2017

NADAL 2017



Remata o trimestre e chegamos ao Nadal, onde as ilusións e os soños poden converterse en realidade.
Traballamos moito, algúns moitísimo e outros ... máis ou menos.
Co motivo destas celebracións estivemos preparando algúns detalles para levar á casa.

Aquí vos deixo algunhas mostras.
 






Nestes días de celebracións e descanso poderemos cargar as pilas para volver a enfrontarnos ao Novo Ano, ao 2018 con moita forza e moitas ganas de seguir facendo e aprendendo moitas, moitísimas cousas.

                               BO NADAL e FELIZ ANO NOVO!!!

martes, 28 de noviembre de 2017

VISITA DEL ILUSTRADOR Y COLORISTA DIEGO LÓPEZ

Hoxe visitounos Diego Lòpez, un ilustrador e colorista de cómics .
Debuxa sobre todo para cómics franceses. Amosounos algúns deles. Gustáronnos moito.
Pasamos un bo rato .





sábado, 25 de noviembre de 2017

"THANKSGIVING"

Un ano máis os rapaces de 5º e 6º aprendimos un pouquiño da historia da celebración de "Acción de gracias" - THANKSGIVING.
Aprendimos vocabulario, limos a historia das orixes desta festividade e puidemos ver un vídeo.


                  

Afortunadamente este curso volvemos ter unha auxiliar de conversa, Romy, de Nueva York. Ela nos contou moitas cousas sobre esta especial e importante celebración.


Para rematar, fixemos uns traballos en plástica relacionado con esta festa:





                                                    

HAPPY THANKSGIVING!!!  


sábado, 18 de noviembre de 2017

VISITA A SGHN E EXPONAV

  No mes de setembro  fixemos unha visita guiada a SGHN e EXPONAV .
Foi un agasallo de GALP (golfo ártabro ) pola nosa participación ( o derradeiro curso) no programa "ondas do mar", onde acadamos o premio de relatos sobre o mar, traballo premiado da compañeira Clara Magariños( que este ano xa está na ESO).
Pasamos unha moi boa xornada.

         EXPONAV








 
                                                             
                                  
         
SGHN

















domingo, 12 de noviembre de 2017

OBRA DE TEATRO "LABERINTO"

O xoves, 9 de novembro tivemos a oportunidade de ver unha obra de teatro xenial. "Laberinto" na obra social ABANCA en Ferrol. A maioria de nós non perdimos nin un detalle da representación.

Noraboa aos actores e ao director da obra!!








viernes, 3 de noviembre de 2017

AS NOSAS CHARLAS

Este ano xa tivemos unhas charlas moi interesantes. 

Nunha delas nos recordaron que non debemos botar lixo ao mar e nos amosaron as consecuencias que suceden a causa de que o ser humano non coida o medio ambiente.

Coa colaboración de todos poderemos mellorar o noso mundo!!




Tamén asisitimos a outra charla onde nos informaron  sobre os perigos do uso das redes sociais se non temos control e que debemos ser coidadosos cando publicamos fotos ou comentarios sobre a nosa vida, que non podemos publicar fotos de outros sen o seu permiso e que nunca deberíamos aceptar a descoñecidos en internet. 

Aprendimos un montón. Agora nos toca a nós !!




                                                                     

jueves, 2 de noviembre de 2017

31 DE OUTUBRO - SAMAÍN E HALLOWEEN
Chegou a noite máxica, de trasnos e fadas. Para non esquecer as nosas raíces celtas aí queda unha mostra dos nosos traballos.