Archivo del blog

miércoles, 18 de marzo de 2015

CORUÑA:CONCERTO-DOMUS-CASA DAS CIENCIAS.

HOXE OS RAPACES E RAPAZAS DO 3º CICLO FIXEMOS UNHA VIAXE A CORUÑA. ESTIVEMOS NO PALACIO DA ÓPERA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA :" A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO" LOGO ESTIVEMOS NA DOMUS ,ONDE APRENDIMOS MOITAS COUSAS CURIOSAS.TAMÉN XANTAMOS ALÍ ,TODOS XUNTOS, .POR PRIMEIRA VEZ PARA OS NENOS DE 5º FIXEMOS UNHA COMIDA ENTRE COMPAÑEIROS. XA POLA TARDE NOS DESPRAZAMOS A CASA DAS CIENCIAS. ALÍ TAMÉN VIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES.EN DIRECTO VIMOS O NACEMENTO DUN POLIÑO , COMO ROMPÍA O OVO E ÍA SAINDO POUCO A POUCO.TAMÉN SUBIMOS A UNHA SESIÓN DE PLANETARIO,ONDE NOS EXPLICARON MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS O QUE ERA UN ECLIPSE E QUE O PODEMOS VER O VINDEIRO DÍA 20 POLA MAÑÁ. CHEGAMOS DE VOLTA UN POUCO CANSOS(XA ERAN AS 19H.) PASÁMOLO MOI BEN.PERO TEMOS QUE PROMETER QUE A PRÓXIMA VEZ SABEREMOS PORTARNOS UN POUCO MELLOR (algúns,claro ). DE ACORDO????
>

lunes, 16 de marzo de 2015

ECONOMÍA SOCIAL.VISITA A ILUNION LAVANDERÍA

No noso cole xa levamos varios anos presentándonos ao Concurso Escolar ONCE, con moi bos resultados, por certo. Este ano o lema é “Persoas que pensan en persoas”: apoia a economía social. E hoxe os alumnos e alumnas de 5º de primaria foron, por xentileza da Fundación ONCE, a visitar unha empresa de  economía social dedicada á “lavandeiria industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as súas capacidades e competencias.
Nada máis chegar recibiunos moi amablemente o seu director  Rafael Pichel quen nos explicou de xeito moi didáctico o que era iso da economía social, aínda que non tivo que afondar moito xa que os rapaces e rapazas sabían perfectamente o concepto (mira que son listos estes nenos). Explicounos tamén, interrompido polas moi pertinentes preguntas dos alumn@s, que se dedicaban a procesar toda tipo de roupa que se xenera nos hospitais, hoteis, empresas, residencias.. Logo amosounos como era o proceso de traballo antes de ir ver, cos nosos propios ollos, o funcionamento.  E alá fomos. Enfundados coas camisetas que nos regalaron, comezamos o noso percorrido polas instalacións. E puidemos ver todo o proceso da industria, dende  o desembarco da roupa sucia, ata a súa clasificación para o lavado, as inmensas maquinas que lavan máis de media tonelada de roupa nunha hora, o proceso de secado, planchado e posterior embalaxe para devolvelas limpas e resplandecentes aos seus lugares de orixe. Neste percorrido tamén nos acompañou Luís, que é o xefe de produción da planta.

E durante o percorrido atopámonos traballando a Claudio, un operario Xordo co cal, sorpresa!!, puidemos comunicarnos un pouquiño grazas aos nosos pequenos coñecementos da lingua de signos que nos ensinou Luísa, a profe de lingua de signos do noso cole. Como “fliparon” os rapaces e rapazas. Podedes ver o vídeo máis abaixo.
E xa rematada a visita volvemos con Rafa á sala de reunións onde os rapaces volveron a facerlle unha morea de preguntas. Para rematar regalounos unhas estupendas bolsas/mochilas que nos van  vir moi ben para meter as nosas cousiñas. 

A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer. 

Aquí tedes o vídeo-resumo.

                   

domingo, 1 de marzo de 2015

TEATRO EN NARÓN

No auditorio de Narón no mes de decembro ,os rapaces do 3º ciclo, fomos ver unha obra te teatro :A CASA DO AVÓ .

SPINDERELLA EN ABANCA

Os alumnos do 3ºciclo de E.P. estivemos o venres no auditorio de Abanca en Ferrol para ver SPINDERELLA, unha obra de teatro en inglés. Foi moi divertida .

VISITA PARA 5º DA ESCRITORA ROSA HUERTAS

O venres 23 de xaneiro os alumnos de 5º de E.P. tivemos a visita da escritora Rosa Huertas , para falarnos do seu libro " LA CAJA DE LOS TESOROS" que previamente léramos.En xeral foi un libro que nos gustou moito a todos e que estábamos desexando que a autora viñera para coñecela e que nos falara del. Foi moi amena e agradable, explicounos moitas cousas de como escribira a obra con feitos reais que ela viviu.Quedamos todos encantados.

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL!!!!

OA RAPACES DO 3º CICLO QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS UN BO NADAL!!!!!