Archivo del blog

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante estas semanas os nenos e nenas de 5º de Primaria levamos a cabo distintas dinámicas para traballar a violencia de xénero: visionado de dous experimentos sociais relacionados con esta temática e a súa posterior análise, posta en común e debate de ideas relacionadas con este tema, creación de frases e gravación dun vídeo en contra da violencia de xénero.




NON ME QUEIRAS TANTO, QUÉREME MELLOR!!



 

domingo, 22 de noviembre de 2020

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO 6º B

 

What do you want to do ?
New mail











What do you want to do ?
New mail

Agradecemento pola nosa participación no Día da Infancia

Prezados centros educativos, 

Agradecervos a vosa participación na celebración polo Día da Infancia 2020. 

Para nós o voso traballo é moi importante para incrementar a participación infantil e mellorar desta maneira os dereitos das nenas, nenos e adolescentes; dar a voz a os máis pequenos e pequenas favorece que sexan partícipes do seu propios desenvolvemento. 

Gustaríanos resaltar toda a implicación das e dos participantes ao igual que da dirección e profesorado, quen estivo sempre disposto a apoiar na realización do evento para visibilizar neste día a importancia dos dereitos da infancia e adolescencia.  

Queríamos igualmente pediros desculpas polos problemas técnicos que houbo durante a retransmisión. A pandemia obríganos a facer eventos coas novas metodoloxías ás que non estamos aínda acostumados: houbo fallos por parte do persoal técnico contratado para o evento co que non contábamos. 

Faremos uso dos vosos vídeos, fotos e conclusións na nosa páxina web e RRSS. Se queredes, podedes enviarme as fotos que tendes dos vosos grupos a este email ou ben por whatsapp.

Atoparédelas nas nosas RRSS:
  • Facebook: @Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.
  • Twitter: @infanciagalicia
  • Instagram: @infanciagalicia
Unha gran aperta e recibide un agarimoso saúdo,

Inés

Inés Salteiro Leis

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

 

What do you want to do ?
New mail

jueves, 19 de noviembre de 2020

Día da Infancia 2020, "Protagonistas da nosa educación".

 

DÍA DA INFANCIA – 2020

E chegou o día tan esperado. É máis, adiantouse un día! Pero antes estivemos preparando unha representación para traballar a temática sobre o Bullying, concienciándonos da importancia do respecto aos demais.

Estivemos a compartir esta celebración mediante un acto que pola situación sanitaria que estamos a vivir tivo lugar de forma telemática entre a Consellería de Política Social, coa participación da súa conselleira Fabiola García e a infancia e adolescencia pertencente a diversos centros educativos participantes nas actividades, entre os cales estivo presente o alumnado de 6º de Educación Primaria como representación da nosa escola, o CPI As Mirandas


Neste acto a infancia foi a protagonista, e, coa nosa participación e a das outras escolas servimos cono representantes do mundo dos nenos e nenas  fronte aos responsables políticos expoñendo as nosas inquedanzas e preocupacións.




A tecnoloxía non se portou 100 % ben, e, aínda así tentouse compartir esta experiencia con todos os participantes.

A nosa pregunta:


PREGUNTA 

 
 
 Agora toca celebrar o Dia da Infancia día a día e pasiño a pasiño conseguir as nosas metas!!





E PUIDEMOS ASISTIR A UNHA FUNCIÓN TEATRAL --- EN STREAMING - WOW!

 

ST GEORGE AND THE DRAGON

Xa que de momento non podemos facer actividades noutros recintos alleos ao noso colexio, protexéndonos e evitando contactos externos, buscamos alternativas para poder facer cousiñas máis aló da simple asistencia á escola, así que o teatro veu ás nosas aulas.

Esta vez asistimos a unha representación teatral en “streaming”, é dicir, en directo, dunha obra en inglés “St. George and the Dragon”.









Sabemos que non é o mesmo que vivir a experiencia "in situ", pero aí andamos adaptándonos e conseguindo metas que parecían impensables.

 Foi unha experiencia diferente, mellorable sen dúbida, aínda que non podemos negar que os actores son uns  seres moi divertidos!! 

Grazas polo voso esforzo de manter a ilusión do teatro, de non perder a enerxía e seguir traballando polos soños dos rapaces e rapazas!!


 

martes, 17 de noviembre de 2020

CHARLA SOBRE A DIVERSIDADE AFECTIVO - SEXUAL

 

What do you want to do ?
New mail
Este curso temos un Contrato - Programa da Consellería de Educación chamado CONVIVE.
Estes días está dando unha charla mediante videoconferencia Cristina, da Asociación Arela.
Os temas a tratar son:
- Sexo asignado
- Identidade sexual
- Expresión de Xénero
- Orientación sexual
- Expresión de xénero.
Todo dentro do currículo de 5º e 6º de E. Primaria 



 
What do you want to do ?
New mail