Archivo del blog

jueves, 19 de noviembre de 2020

E PUIDEMOS ASISTIR A UNHA FUNCIÓN TEATRAL --- EN STREAMING - WOW!

 

ST GEORGE AND THE DRAGON

Xa que de momento non podemos facer actividades noutros recintos alleos ao noso colexio, protexéndonos e evitando contactos externos, buscamos alternativas para poder facer cousiñas máis aló da simple asistencia á escola, así que o teatro veu ás nosas aulas.

Esta vez asistimos a unha representación teatral en “streaming”, é dicir, en directo, dunha obra en inglés “St. George and the Dragon”.









Sabemos que non é o mesmo que vivir a experiencia "in situ", pero aí andamos adaptándonos e conseguindo metas que parecían impensables.

 Foi unha experiencia diferente, mellorable sen dúbida, aínda que non podemos negar que os actores son uns  seres moi divertidos!! 

Grazas polo voso esforzo de manter a ilusión do teatro, de non perder a enerxía e seguir traballando polos soños dos rapaces e rapazas!!


 

1 comentario: