Archivo del blog

lunes, 21 de junio de 2021

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO DO 3º CICLO

 EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO DO 3º CICLO

Por culpa da situación que estamos a vivir, este ano a excursión de final de curso do 3º ciclo, non foi como a todos nos gustaría, mais as mestras Fernanda, Pamen, Antía e Iria se propuxeron que non quedásemos sen excursión e nos prepararon unha saída moi divertida. 

Primeiro, tocou sesión de cine na Sala de Multicines Odeón, unha sala única e exclusivamente para nós. A película escollida foi "Tom y Jerry" unha comedia moi divertida na que non faltaron as gargalladas. 

Despois era o momento de mover o corpo no Sould Park Jump, saltamos nas camas elásticas, xogamos ao baloncesto e ao fútbol nas colchonetas, fixemos concurso de saltos utilizando o trampolín... e ata as mestras animáronse e saltaron. Pasámolo xenial!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas das fotos que resumen a nosa marabillosa xornada.







Desexarlles moita sorte aos nosos compañeiros e compañeiras de 6º curso na súa nova andaina na ESO. Botáremolos moito de menos. 

Que pasedes un bo verán e a distrutar das merecidas vacacións. 
Vémonos en setembro!

A QUEN LLE IMPORTA

Como xa sabedes, ao longo deste curso estivemos inmersos no plan CON-VIVE. E para rematar este proxecto, organizamos un baile coa axuda dos profes e de todo o alumnado de Educación Primaria.

E que mellor que a canción de Alaska "A quien le importa" para bailarlle á diversidade. O alumnos de 5º e 6º traducimos a letra ao galego e cambiamos algún verso da canción para facela máis nosa.








Logo aprendimos as coreografías diseñadas por todos eles coa axuda das profes de música e educación física.




E o resultado foi o seguinte... Esperamos que vos guste!!!




sábado, 12 de junio de 2021

Congreso Praderías mariñas do CEIDA

 Onte fumos a Santa Cristina coa asociación CEIDA a exponer o noso traballo sobre a pradería mariña de Ares.

Representamos aos nosos compañeiros e mestras que se implicaron neste proyecto.

Tiñamos conciencia de que todos os nosos compañeiros e compañeiras estaban presentes ese día.








Congreso praderías mariñas 6º Primaira

 Onte fomos ao I Congreso Escolar sobre Pradeiras Mariñas do CEIDA en nome dos nosos compañeiros e mestras.

 La Voz de Galicia recolle a información na súa edición de A Coruña