Archivo del blog

lunes, 15 de febrero de 2021

ENTROIDO E SAN VALENTÍN EN ARES

ENTROIDO E SAN VALENTÍN 2021

        Coma xa todos sabemos este é un ano moi diferente que calquera outro no pasado. Debemos ser moi coidadosos e tentar manternos seguros e sans.

Mais, de calqueira xeito sempre estamos a facer cousas.

Nesta ocasión puidemos gozar preparando antifaces e broches de corazóns, un traballo conxunto de Extraescolares, do proxecto Erasmus+ e, coma non, do fomento ás nosas tradicións e á lingua galega,  amosándolle ao mundo que nós somos auténticos superhéroes.

Así, aquí podedes ver que cada día intentamos estar ben e contentos, e malia non poder saír ás rúas como manda a tradición, os nosos rapaces e rapazas viviron o ambiente de Entroido nas aulas:

5º A
 
5º B

6º A

6º B
 Gran traballo en equipo!!

        Desexamos que teñades un fantástico dia de San Valentín, o día do amor e a amizade.

E uns días de Entroido de descanso merecido!!