Archivo del blog

domingo, 16 de mayo de 2021

REGUEIFARES

 Para a conmemoración do Día das Letras Galegas os nenos e nenas do 3º ciclo de Educación Primaria iniciámonos no mundo das regueifas. 

QUE É UNHA REGUEIFA?

Unha regueifa é unha disputa oral, improvisada e en verso entre dúas ou máis persoas sobre un tema determinado.

Primeiramente, investigamos que eran as regueifas e escoitamos distintos tipos, unhas máis tradicionais e outras máis moderniñas.

Logo, traballamos a creación de rimas de xeito improvisado. Finalmente, seleccionamos o tema das nosas regueifas e puxémonos mans a obra.

Tras varios días de ensaios, un ensaio xeral, por fin chegou o día da gravación. E a pesar dalgúns contratempos, estes foron os resultados. 

Agardamos que vos gusten. 


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

martes, 4 de mayo de 2021

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 o PASADO DÍA 23 DE ABRIL CELEBRAMOS NO Cpi as mirandas O DÍA DO LIBRO.  

O ALUMNADO DE 5º E 6º PREPAROU NAS SÚAS AULAS DIFERENTES CONTOS INVENTADOS POR ELES OU ESCOLLIDOS DA BIBLIOTECA DO CENTRO PARA REPRESENTAR E LER AOS NENOS DE INFANTIL E PRIMER CICLO DE PRIMARIA.







OS NENOS E NENAS PEQUENOS ESCOITARON MOI ATENTOS COMO OS MAIORES CONTÁBANLLES CONTOS. TODOS PASAMOS UN BO RATO GOZANDO DA LECTURA.








"non deixes para mañá o que poidas ler hoxe"