Archivo del blog

martes, 21 de diciembre de 2021

 VIAXAR NUN LIBRO É A MELLOR MANEIRA DE VOLAR


Nas clases de 6º de Educación Primaria estamos a ler moito neste primeiro trimestre. 

Na clase de 6º A limos en lingua castelá "Nata y Chocolate".


Na clase de 6º B limos en lingua castelá "La canción del Corazón"



Despois da lectura as mestras  nos prepararon un "Kahoot" para comprobar a nosa comprensión da lectura. 

na clase de lingua galega en 6º A limos " operación rescate" e na clase de 6º b "mamá, quero ser ziggy stardust". 

logo as mestras nos propuxeron facer un traballo moi interesante convertendo unha caixa de cereais no nosa propia versión do libro. así de bonitas nos quedaron. 



















viernes, 10 de diciembre de 2021

25 NOVEMBRO EN ARES

 25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado día 25 de novembro estivemos traballando nas aulas de 5º e 6º todo o relacionado con este día. 

Cada alumno pensou nunha frase na que lanzaba unha mensaxe contra a violencia de xénero e escribímola nunha peza de quebracabezas.

Despois fomos xuntando as pezas unha a unha para formar un quebracabezas xigante cheo de mensaxes.

As nosas mestras grabaron todo e proceso e fixeron un video final que quedou moi chulo.


Este foi o resultado do noso mural




Seguiremos intentando construir un mundo mellor sen violencia de xénero.

XUNTOS/AS SOMOS MÁIS FORTES




jueves, 2 de diciembre de 2021

TRABALLAMOS O DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA 

Na clase de 6º de Valores levamos uns días investigando e traballando a Constitución Española. Descubrimos que foi aprobada o 6 de decembro de 1978 (por iso o 6 de decembro é festividade no noso país). 

Tamén aprendimos que é a lei máis importante de España e que grazas a ela estableceuse a DEMOCRACIA no noso país. 

Estivemos investigando que na Constitución se recollen os dereitos que temos todos/as os cidadáns de España. Tamén aprendimos que nela estableceuse a organización territorial de España en 17 Comunidades Autónomas. 

Recollimos todo o aprendido nun pequeno libro. Así nos quedaron: 
















 TRABALLAMOS A ESTACIÓN DO OUTONO

Os nenos e nenas do 3º ciclo estamos a realizar diferentes actividades relacionadas co Outono. 

Os nenos e nenas de 5º traballamos con refráns relacionados co Magosto. Primeiro buscamos ideas na rede, despois as traducimos ao galego e por último fixemos estas diapositivas no ordenador decoradas con elementos do Outono. Así nos quedaron: 





 
Os nenos e nenas de 6º de estamos a facer un obradoiro de Poesía. Primeiro traballamos na clase a lectura de varios poemas en galego, logo traballamos as características dos poemas (métrica e rima). Por último, fixemos as nosas propias creacións. En parellas creamos poemas relacionados co Outono, logo os pegamos en follas secas e deseñamos así o noso mural "Poemas do Outono".







 

 


 

 

sábado, 20 de noviembre de 2021

TEATRO EN NARÓN E MUSEO DE CALDOVAL

 OBRA DE TEATRO "ROSALÍA"


O pasado mércores os alumnos e alumnas de 5º asistimos ao Pazo da Cultura de Narón para disfrutar dunha obra de teatro sobre "Rosalía de Castro".

Nesta obra os nenos e nenas descubriron a unha Rosalía alegre, forte e curiosa que vive, xoga e disfruta no país da infancia, lugar onde crecen os poetas entre lecturas, curiosidade, xogos e cancións con rimas.










Aproveitando o día solleiro merendemos nos exteriores do pazo.



E logo desfrutamos desta fantástica obra. 











VISITA AO MUSEO DE CALDOVAL


Esta semana os alumnos/as de 5º tamén visitamos o Museo de Caldoval en Mugardos.

Grazas a unha visita guiada puidemos coñecer como vivían os habitantes da Galicia romana, cómo funcionaban os baños, as características das estancias do circuito termal, as vestimentas dos bañistas e  os deportes e xogos de mesa que practicaban nos seus momentos de ocio.

Estivemos moi atentos e aprendimos moitas cousas!














Despois da visita chegou a hora de coñecer e practicar cómo escribían os romanos. 

A través duns papeis que simulaban pergaminos dimos renda solta á nosa imaxinación e coa axuda dalgúns modelos de letras convertímonos en artistas.

Menudas creacións fixemos!!!






E tamén houbo tempo para practicar algúns xogos romanos. Pasámalo en grande!