Archivo del blog

lunes, 2 de abril de 2018

VISITA AO MUSEO DE CALDOVAL EN MUGARDOS

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos hai uns días o museo de Caldoval en Mugardos.
Fixemos unha visita guiada ao xacemento romano que conta con dous conxuntos diferenciados.Por unha banda un canal excavado en roca e unha serie de estancias orientadas á costa que podería estar vinculado ao  comercio e por outra un balneario rural doméstico que conta cunha palestra para a práctica de deporte.














Despois de facer a visita fixemos un taller de O PERFUME DO CËSAR. no que tivemos a oportunidade de fabricar  diferentes perfumes con  Rocío e Patricia, as nosas monitoras. Moitas grazas por todo o que nos enseñástedes.