Archivo del blog

lunes, 21 de junio de 2021

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO DO 3º CICLO

 EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO DO 3º CICLO

Por culpa da situación que estamos a vivir, este ano a excursión de final de curso do 3º ciclo, non foi como a todos nos gustaría, mais as mestras Fernanda, Pamen, Antía e Iria se propuxeron que non quedásemos sen excursión e nos prepararon unha saída moi divertida. 

Primeiro, tocou sesión de cine na Sala de Multicines Odeón, unha sala única e exclusivamente para nós. A película escollida foi "Tom y Jerry" unha comedia moi divertida na que non faltaron as gargalladas. 

Despois era o momento de mover o corpo no Sould Park Jump, saltamos nas camas elásticas, xogamos ao baloncesto e ao fútbol nas colchonetas, fixemos concurso de saltos utilizando o trampolín... e ata as mestras animáronse e saltaron. Pasámolo xenial!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas das fotos que resumen a nosa marabillosa xornada.







Desexarlles moita sorte aos nosos compañeiros e compañeiras de 6º curso na súa nova andaina na ESO. Botáremolos moito de menos. 

Que pasedes un bo verán e a distrutar das merecidas vacacións. 
Vémonos en setembro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario