Archivo del blog

domingo, 22 de noviembre de 2020

Agradecemento pola nosa participación no Día da Infancia

Prezados centros educativos, 

Agradecervos a vosa participación na celebración polo Día da Infancia 2020. 

Para nós o voso traballo é moi importante para incrementar a participación infantil e mellorar desta maneira os dereitos das nenas, nenos e adolescentes; dar a voz a os máis pequenos e pequenas favorece que sexan partícipes do seu propios desenvolvemento. 

Gustaríanos resaltar toda a implicación das e dos participantes ao igual que da dirección e profesorado, quen estivo sempre disposto a apoiar na realización do evento para visibilizar neste día a importancia dos dereitos da infancia e adolescencia.  

Queríamos igualmente pediros desculpas polos problemas técnicos que houbo durante a retransmisión. A pandemia obríganos a facer eventos coas novas metodoloxías ás que non estamos aínda acostumados: houbo fallos por parte do persoal técnico contratado para o evento co que non contábamos. 

Faremos uso dos vosos vídeos, fotos e conclusións na nosa páxina web e RRSS. Se queredes, podedes enviarme as fotos que tendes dos vosos grupos a este email ou ben por whatsapp.

Atoparédelas nas nosas RRSS:
  • Facebook: @Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.
  • Twitter: @infanciagalicia
  • Instagram: @infanciagalicia
Unha gran aperta e recibide un agarimoso saúdo,

Inés

Inés Salteiro Leis

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

 

What do you want to do ?
New mail

No hay comentarios:

Publicar un comentario