DÍA DA INFANCIA – 2020
E chegou o día tan esperado. É máis, adiantouse un día! Pero antes estivemos preparando unha representación para traballar a temática sobre o Bullying, concienciándonos da importancia do respecto aos demais.
Estivemos a compartir esta celebración mediante un acto que pola situación sanitaria que estamos a vivir tivo lugar de forma telemática entre a Consellería de Política Social, coa participación da súa conselleira Fabiola García e a infancia e adolescencia pertencente a diversos centros educativos participantes nas actividades, entre os cales estivo presente o alumnado de 6º de Educación Primaria como representación da nosa escola, o CPI As Mirandas
Neste acto a infancia foi a protagonista, e, coa nosa participación e a das outras escolas servimos cono representantes do mundo dos nenos e nenas fronte aos responsables políticos expoñendo as nosas inquedanzas e preocupacións.
A tecnoloxía non se portou 100 % ben, e, aínda así tentouse compartir esta experiencia con todos os participantes.
A nosa pregunta:
No hay comentarios:
Publicar un comentario