O alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados polos titores /as, a mestra de lingua inglesa e a auxiliar de conversa fomos hoxe, 28 de febreiro, de excursión a Ferrol.
Ao rematar o teatro merendamos nos xardíns durante o tempo libre que tiñamos para a nosa próxima parada, (algúns rapaces e rapazas socializaron con outros nenos e nenas das outras escolas).
Nos diriximos ao Museo da Construcción Naval, Fundación EXPONAV, participando nunha visita guiada. Unha monitora moi amable foinos explicando todo o que alí había. Aprendimos unha morea de cousas sobre barcos e utensilios mariños. Moitas curiosidades! Mesmo que "broma" é un tipo de verme que carcome a madeira, que cousas!Antes de marchar fixemos un Kahoot. A monitora quería comprobar o atentos que estivéramos durante a visita e o resultado foi moi positivo. Houbo un empate. De 15 preguntas os dous equipos acertamos 14. Non estivo nada mal.
Coma despedida da nosa visita, déronnos un agasallo!
E xa como remate regresamos á escola contentos con esta experiencia.
Foi unha xornada inesquecible!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario