E nesta ocasión, puxémonos en contacto co CEIDA para investigar sobre os espazos protexidos e reservas da biosfera da nosa contorna.
Primeiramente, tivemos nas nosas aulas unha charla para aprender un pouquiño máis sobre os espazos protexidos e reservas da biosfera que temos preto de nós, quen habita nelas e como debemos coidalas.
O mércores 18 de maio, fomos coñecer unaha reserva da biosfera e fixemos un pequeno roteiro todos xuntos a Costa Dexo en Oleiros.
Os nosos monitores foron explicándonos o que íamos vendo polo camiño...
Primeiro encontramos unha illa moi peculiar que tiña forma de... tartaruga? home acostado? cenoria? Gustounos moito e tamén as figuras dos golfiños que estaban alí.
Despois vimos as furnas, uns buratos que fixeron as ondas do mar coa súa forza.
E tamén o famoso seixo branco, unha peculiar liña de cuarzo branco que percorre as rochas.
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre este fermoso lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario