Archivo del blog

viernes, 8 de abril de 2022

 TRABALLAMOS O RETRATO E A PERSPECTIVA

Como xa sabedes nas clases de 6º de Educación Primaria estamos feitos uns artistas.

 Neste 2º trimestre traballamos o retrato e a perspectiva. 

No tema do retrato aprendimos que un retrato é unha representación dunha figura, principalmente unha persoa, en pintura ou escultura. 

Primeiro, fixemos unha práctica de debuxo de caras de nenos e nenos, usando a simetría para poder debuxar o seu rostro. 

Logo, utilizando tamén a simetría creamos o noso propio retrato. A algún de nós dábamos vergoña facer o noso propio rostro e debuxamos o rostro dalgún dos nosos personaxes favoritos. Así de fermosos locen nas nosas clases:



No tema da perspectiva aprendimos que a perspectiva é unha ferramenta empregada no arte e deseño para crear unha ilusión de tres dimensións (con volume) nunha superficie bidimensional (plano). Este instrumento fai que unha pintura, debuxo ou ilustración teña forma, distancia e que pareza real. 


Primeiro, fixemos unha composición sinxela para traballar a perspectiva. Así de bonitos nos quedaron. 

Logo, debuxamos unha cidade chea de rañaceos, na que estamos observando o ceo. Vos mostramos algúns dos nosos resultados: 









sábado, 2 de abril de 2022

 REPASAMOS LOS VERBOS CON JUEGOS 


En las clases de 6° de Educación Primaria en este 2° trimestre trabajamos el verbo: sus modos, sus tiempos y sus formas personales y no personales.

Que mejor manera que repasar estos contenidos, que tanto nos cuestan, en grupos cooperativos y a través de juegos.

Os dejamos unas fotos de lo bien que nos lo pasamos aprendiendo.








lunes, 21 de marzo de 2022

Atletismo divertido


ATLETISMO DIVERTIDO

O pasado martes, 15 de marzo, os nenos e nenas do 3º ciclo participamos nas "Xornadas de Deporte Escolar Ares Mugardos" de iniciación ao atletismo dentro do programa XOGADE ofertado pola Xunta. 

A actividade tivo lugar no campo de fútbol do Numancia "Prados Vellos" e estivo organizada por monitores do Club de Atletismo de Narón. 

Os monitores dividíronnos en 4 grupos, xa que había 4 estacións, polas que tiñamos que ir rotando. 

Deixámosvos  unhas fotografías do ben co pasamos! Iso así, acabamos moi cansados e con moitas maniotas!



 




























martes, 15 de marzo de 2022

COÑECEMOS EUROPA

Neste 2º trimestre nas clases de 6º de Educación Primaria estivemos a traballar acerca do noso continente "Europa". 

Primeiro traballamos a xeografía de Europa, aprendemos a ubicar os principais ríos e mares do noso continente, así como o relevo máis característico. 

Logo, traballamos a organización política-territorial de Europa. As mestras Antía e Iria  propuxéronnos como actividade de ampliación investigar acerca dos países membros da Unión Europea e das súas bandeiras. 

Unha vez feito o traballo de investigación, plasmamos toda a información nunhas tarxetas e coloreamos a bandeira de cada país. Logo elaboramos un bonito mural, este foi o resultado. 









miércoles, 9 de marzo de 2022

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante esta semana no 3° ciclo estivemos a realizar diferentes actividades relacionadas co 8M, reivindicando que todos nós queremos unha igualdade real entre homes e mulleres.

Nas clases de 6° de Educación Primaria estivemos traballando cun minilibro relacionado con conceptos do 8M. Mostrámosvos como nos quedaron.









As mestras Antia e Iria prepararon unhas ventás interactivas para traballar as  Mulleres máis importantes da nosa vida. Tivemos que escoller a tres das mulleres máis importantes da nosa vida, dicir quenes son, facer un pequeno debuxo delas e indicar que cousas son as que máis nos gustan delas. Unha vez que rematamos os interactivos, elaboramos un mural que quedou así de fermoso na entrada do noso corredor.












Para rematar o día preparamos unhas pulseiras, reivindicando que queremos un mundo mellor, no que os homes e as mulleres teñamos os mesmos dereitos.