Archivo del blog

martes, 15 de marzo de 2022

COÑECEMOS EUROPA

Neste 2º trimestre nas clases de 6º de Educación Primaria estivemos a traballar acerca do noso continente "Europa". 

Primeiro traballamos a xeografía de Europa, aprendemos a ubicar os principais ríos e mares do noso continente, así como o relevo máis característico. 

Logo, traballamos a organización política-territorial de Europa. As mestras Antía e Iria  propuxéronnos como actividade de ampliación investigar acerca dos países membros da Unión Europea e das súas bandeiras. 

Unha vez feito o traballo de investigación, plasmamos toda a información nunhas tarxetas e coloreamos a bandeira de cada país. Logo elaboramos un bonito mural, este foi o resultado. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario