Archivo del blog

viernes, 8 de abril de 2022

 TRABALLAMOS O RETRATO E A PERSPECTIVA

Como xa sabedes nas clases de 6º de Educación Primaria estamos feitos uns artistas.

 Neste 2º trimestre traballamos o retrato e a perspectiva. 

No tema do retrato aprendimos que un retrato é unha representación dunha figura, principalmente unha persoa, en pintura ou escultura. 

Primeiro, fixemos unha práctica de debuxo de caras de nenos e nenos, usando a simetría para poder debuxar o seu rostro. 

Logo, utilizando tamén a simetría creamos o noso propio retrato. A algún de nós dábamos vergoña facer o noso propio rostro e debuxamos o rostro dalgún dos nosos personaxes favoritos. Así de fermosos locen nas nosas clases:



No tema da perspectiva aprendimos que a perspectiva é unha ferramenta empregada no arte e deseño para crear unha ilusión de tres dimensións (con volume) nunha superficie bidimensional (plano). Este instrumento fai que unha pintura, debuxo ou ilustración teña forma, distancia e que pareza real. 


Primeiro, fixemos unha composición sinxela para traballar a perspectiva. Así de bonitos nos quedaron. 

Logo, debuxamos unha cidade chea de rañaceos, na que estamos observando o ceo. Vos mostramos algúns dos nosos resultados: 









No hay comentarios:

Publicar un comentario