Archivo del blog

miércoles, 23 de febrero de 2022

 23 DE FEBREIRO

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 



Hoxe, día 23 de febreiro, no colexio celebramos o Día de Rosalía de Castro. 

No 3º ciclo as mestras propuxéronnos facer unha banda deseñada da vida e obra desta gran poetisa e novelista.  Primeiro limos na clase a biografía de Rosalía de Castro e logo as mestras distribuiron os datos máis salientables da súa vida e obra en diferentes viñetas. 

En cada aula traballamos en grupos cooperativos, mentres uns facíamos os debuxos,  outros coloreábamos as letras, as caras de Rosalía de Castro e outros escribíamos o texto para cada viñeta. Logo lle dimos cor as viñetas. Así de fermoso quedou o noso mural. Esperamos que vos guste tanto como a nós. 














FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 




No hay comentarios:

Publicar un comentario