CREAMOS A NOSA PROPIA EMPRESA
Neste 1º trimestre nas clases de 6º de EP na área de Ciencias Sociais estamos a deseñar a nosa propia empresa en grupos cooperativos.
En primeiro lugar, falamos dos distintos tipos de empresa que coñecíamos (alimentación, téxtil, automoción, enerxías...) e fixemos unha chuvia de ideas.
Logo cada grupo decidiu de que sería a súa empresa e puxémonos mans a obra. Pensamos un nome atractivo para chamar a atención dos nosos clientes, deseñamos un logo, decidimos a noso endero e cuestións varias relativas as nosas materias primas, o tipo de enerxía/as da nosa empresa, medidas para ter un desenvolvemento sostible...
Quen sabe, se algún día, algunha destas empresas será unha realidade?
Data: Decembro do 2021.
No hay comentarios:
Publicar un comentario