PINTADO DE BOLSAS DE TEA E MURAL
O mércores 23 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º fixemos unha actividade moi divertida de Afundación chamada "Plantando árbores con pinceis"
Como o proxecto deste ano do noso cole é sobre o medio ambiente: ECOESCOLARES. Esta actividade vennos perfecta para afondar máis no coidado do noso planeta.
Os nenos/as de 5º fixeron un obradoiro de pintado de bolsas de tea con pinturas ecolóxicas e quedaron así de bonitas.
E os alumnos/as de 6º fixemos un mural nunha parede do noso centro sobre o medio ambiente con pinturas ecolóxicas. O deseño foi de Alejandra, unha alumna de 6ºA, sobre o malgasto da auga.
Coa axuda de David, o artista experto en murais, quedounos precioso. É un recordo que quedará na parede do noso cole por moitos anos.
Grazas chicos por facelo tan ben!
Déixovos un video resumo de todo o proceso. Espero que vos guste!
COIDEMOS A NOSA TERRA