Archivo del blog

miércoles, 18 de mayo de 2022

ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA e RESERVAS DA BIOSFERA

Neste trimestre o alumnado do terceiro ciclo, continuamos traballando sobre o proxecto do centro ECOESCOLARES.
E nesta ocasión, puxémonos en contacto co CEIDA para investigar sobre os espazos protexidos e reservas da biosfera da nosa contorna.

Primeiramente, tivemos nas nosas aulas unha charla para aprender un pouquiño máis sobre os espazos protexidos e reservas da biosfera que temos preto de nós, quen habita nelas e como debemos coidalas.




O mércores 18 de maio, fomos coñecer unaha reserva da biosfera e fixemos un pequeno roteiro todos xuntos a Costa Dexo en Oleiros. 
Os nosos monitores foron explicándonos o que íamos vendo polo camiño...

Primeiro encontramos unha illa moi peculiar que tiña forma de... tartaruga? home acostado? cenoria? Gustounos moito e tamén as figuras dos golfiños que estaban alí.







Despois vimos as furnas, uns buratos que fixeron as ondas do mar coa súa forza.
E tamén o famoso seixo branco, unha peculiar liña de cuarzo branco que percorre as rochas.










Coñecimos tamñen diversas especies de animais e prantas en perigo de extinción como a herba de namorar.


Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre este fermoso lugar.








martes, 26 de abril de 2022

A REPRODUCIÓN

 TRABALLAMOS SOBRE A REPRODUCIÓN


No final do segundo trimestre na área de ciencias naturais o alumnado de 6ºEP estivemos vendo o tema da reprodución. A mestra Antía fíxonos unha presentación moi chula para explicarnos o tema.

Ao rematar, por grupos cooperativos investigamos os diferentes apartados do tema e fixemos estes lapbooks que nos quedaron así de bonitos.

















viernes, 8 de abril de 2022

APLICAMOS A TÉCNICA DE " VISUAL THINKING" NA ÁREA DE CIENCIAS SOCIAIS

Neste 2º trimestre o último tema de Ciencias Sociais eran os sectores económicos. As mestras Antía e Iria propuxéronnos facer un traballo empregando a técnica "VISUAL Thinking". 

E que é iso da técnica thinking? É unhas das técnicas creativas máis utilizadas no proceso de innovación. Defende a necesidade de aplicar a creatividade en todos os procesos co obxectivo de obter un resultado innovador e revolucionario.

Para levar a cabo esta tarefas traballamos en parellas e tríos. Primeiro, limos e explicamos o tema dos sectores económicos na clase. Logo, fixemos un bosquexo, plasmando as nosas ideas. Finalmente, creamos o noso produto final. 






TRABALLAMOS O ANUNCIO

Nas clases de 6º  de Educación Primaria na área de lingua galega estivemos a traballar o anuncio. As mestras  Antía e Iria nos propuxeron facer a seguinte tarefa:


Para realizar esta tarefa traballamos en grupos cooperativos. Uns tiñamos como función deseñar o slogan relacionado co cambio climático, outros encargámonos de buscar ideas para o fondo e deseñar un bosquexo. Unha vez que tiñamos todo decidido puxémonos mans a obra: debuxar, pintar, facer letras, recortar, pegar. Así de fermosos nos quedaron: