Archivo del blog

miércoles, 17 de noviembre de 2021

O MAGOSTO NAS MIRANDAS

 

ACTIVIDADES POLO MAGOSTO

Este curso puidemos facer unha celebración do magosto fora das aulas e con castañas incluidas, áinda que non as puidemos comer.

Os nenos/as de 5ºe 6º fomos camiñando ata Lubre para facer uns xogos populares de magosto propostos polas nosas titoras.

Ao chegar merendamos por grupos ao aire libre.



Logo fixemos 4 estacións de xogo rotativas por clases:








Pasámolo moi ben e gustounos moito poder saír xuntos das nosas aulas.





A profe Fifí fíxonos este video tan chulo de recopilación de tódalas actividades que se fixeron no Magosto no cole. Buscádevos ao final que seguro que nalgunha foto aparecedes ;)

https://youtu.be/vAAdP8QRdJ8


  **********************

martes, 16 de noviembre de 2021

MANEXAMOS O EDITOR DE TEXTOS "LIBREOFFICE WRITER"

 OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º APRENDEMOS A MANEXAR O LIBREOFFICE WRITER



Xa o curso pasado, cando estábamos en 5º de EP, traballamos un pouquiño con este editor de textos. Este ano estamos profundizando un pouco máis: cambios de fonte, tamaños e cores, inserir fotos, vídeos e hipervínculos, pasar o documento a pdf.  

Para isto fixemos dúas tarefas nas clases de lingua castelá e lingua galega. 

Na clase de lingua castelá en grupos cooperativos traballamos o "Texto instrutivo". A tarefa consistía en realizar as instrucións para a creación dun origami. Tiñamos que redactar nun documento os diferentes pasos, introducir fotos e vídeos. Logo, fixemos unha exposición oral explicando os pasos do traballo ao mesmo tempo co resto dos compañeiros/as crearon os seus origamis.  










Na clase de lingua galega en grupos cooperativos traballamos a "Biografía".  Cada grupo debía elixir unha personaxe e redactar a súa biografía tendo en conta un esquema previamente entregado polas mestras. No traballo tiñamos que poñer o título destacado e introducir algunha fotografía. 










viernes, 12 de noviembre de 2021

 ACTIVIDADE DAS AVES

Durante esta semana, os alumnos de 5º e 6º tivemos a visita de dous monitores de educación ambiental que nos falaron sobre o coñecemento e a conservación das aves do noso concello.



Despois da charla, tivemos un obradoiro para crear caixas-niño para os paxaros que fabricamos nós mesmos.


   


  






Cando as rematamos, fixemos unha saída polas rúas da nosa vila, polo paseo marítimo e polo parque para ver cos prismáticos as aves máis de cerca. 

   



 



E ademáis, colgamos una das nosas caixas-niño nas árbores do parque. Agora teremos que ser responsables con elas e estar atentos para ver se nelas habita algunha ave cos seus poliños.

  
  



Gustounos moito aprender un pouco máis sobre as aves autóctonas da nosa contorna.
















viernes, 29 de octubre de 2021

XA CHEGOU O SAMAÍN! 

Este ano no 3º ciclo fixemos moitas actividades para a celebración do Samaín. 

DENDE O EQUIPO DO ERASMUS PROPUXÉRONNOS COMO ACTIVIDADE A CREACIÓN DUN VASOS CON MOTIVOS DE "HALLOWEEN". ASÍ DE TERRORÍFICOS QUEDÁRONNOS!














Fixemos un mural titulado "Fear Dates" ou "Citas de medo". En cada clase eleximos diferentes personaxes típicos do Samaín e deseñamos unha ficha de presentación, co fin de cada personaxe puidera encontrar ao seu amigo/a compatible. Seguirán coñecéndose?












Nas clases de 6º na área de lingua galega traballamos os caligramas. Un caligrama é un poema que reproduce unha imaxe mediante a palabra escrita. Primeiro deseñamos estrofas relacionadas co Samaín, logo debuxamos a silueta do noso debuxo, despois integramos as estrofas no debuxo e por último o pintamos e decoramos. Así de bonitos locen agora no noso corredor. 








Nas clases de 5º os alumnos e alumnas decoraron as portas para dar a benvida a esta festividade. Quedaron así de fermosas. 




Nas clases de 6º na área de plástica, xa sabedes que este curso estamos deixando voar a nosa imaxinación. As mestras  propuxÉronNOS crear nunha lámina unha casa encantada e estos foron os resultados. Algunhas dan verdadeiramente moito medo. Quen de vÓs se atrevería a entrar nelas?









A DISFRUTAR DA PONTE. QUE PASEDES UN SAMAÍN TERRORÍFICO.