OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º APRENDEMOS A MANEXAR O LIBREOFFICE WRITER
Xa o curso pasado, cando estábamos en 5º de EP, traballamos un pouquiño con este editor de textos. Este ano estamos profundizando un pouco máis: cambios de fonte, tamaños e cores, inserir fotos, vídeos e hipervínculos, pasar o documento a pdf.
Para isto fixemos dúas tarefas nas clases de lingua castelá e lingua galega.
Na clase de lingua castelá en grupos cooperativos traballamos o "Texto instrutivo". A tarefa consistía en realizar as instrucións para a creación dun origami. Tiñamos que redactar nun documento os diferentes pasos, introducir fotos e vídeos. Logo, fixemos unha exposición oral explicando os pasos do traballo ao mesmo tempo co resto dos compañeiros/as crearon os seus origamis.
Na clase de lingua galega en grupos cooperativos traballamos a "Biografía". Cada grupo debía elixir unha personaxe e redactar a súa biografía tendo en conta un esquema previamente entregado polas mestras. No traballo tiñamos que poñer o título destacado e introducir algunha fotografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario