Archivo del blog

jueves, 22 de febrero de 2024

 VISITA Á XUNTA DE GALICIA, Ó PARLAMENTO, Á CATEDRAL E O MUSEO DE HISTORIA NATURAL


O pasado mércores os alumnos e alumnas do 3° ciclo fixemos unha saída a Santiago de Compostela.

Pola mañá visitamos a Xunta de Galicia, alí unha guía nos explicou as características arquitectónicas do edificio e a súa historia. Unha vez no interior visitamos a sala onde se reúnen os secretarios técnicos xerais e coñecimos a súa función.
Tamem visitamos a sala onde se reúnen o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os seus concelleiros/as para a toma de decisións. Algúns de nós convertémonos en concelleiros/as e tivemos que explicar as función da nosa concellería.

Despois visitamos o Parlamento. Alí nos explicaron tamén a historia do edificio, facendo especial fincapé na gran cantidade de obras de arte que alí podemos observar. Visitamos varias salas onde se reúnen os nosos políticos e nos puxeron un vídeo onde nos explicaron brevemente as funcións principais desta institución. Tamén fomos á sala onde se reúnen o presidente e os concelleiros/as, fixemos un xogo, onde tiñamos que ser representantes políticos e tivemos que saír ao atril para formular as nosas propostas de mellora para Galicia. No Parlamento nos agasallaron cunha mochila e un libro. 

Fixemos unha parada para comer na Alameda.

Pola tarde dimos un paseo pola zona vella de Santiago de Compostela e visitamos a catedral. Despois visitamos o Museo de Historia Natural de Santiago. Un gran descubrimento, onde puidemos ver milleiros de especies de animais disecados, e fixemos xogos e obradoiros. 

Pasámolo xenial!
















viernes, 19 de enero de 2024

HELP! TROUBLE IN THE JUNGLE - TEATRO AFUNDACIÓN

    Este venres fomos a Afundación en Ferrol para asistir a unha obra de teatro en inglés moi divertida.

     Marchamos con tempo dabondo para merendar antes de entrar e o tempo foi tan xeneroso que nos  regalou cunha maña soleada. 

A historia fala da importancia da natureza e a harmonía entre os animais e o medio ambiente. Zonia e o Chamán son amigos dos animais que alí viven.

Amosa como a gran árbore Kapok e a selva proporcionan alimento, refuxio e un fermoso fogar para os animais.

Todos viven en harmonía ata que chega un home poderoso que soamente esta interesado no diñeiro e no poder.

A través da historia puidemos ver o impacto negativo de destruír a natureza para beneficio persoal.

Tivemos a gran sorte de que varios personaxes da obra foron interpretados polos nosos rapaces co que foi aínda máis interesante.

        Gustounos moito e xa estamos listos para a seguinte!!


 

miércoles, 20 de diciembre de 2023

 25 DE NOVEMBRO 
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 

A semana pasada os nenos e nenas do 3º ciclo recibimos unha sesión do taller "Control Off" profundando nas novas maculinidades e a prevención da violencia de xénerO. 

A través da proxección de vídeos e o debate, exploramos os elementos fundamentais dunha sociedade máis igualitaria. Grazas a Rubén Villar Trenco, psicológo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller, por facernos reflexionar sobre este tema. 






jueves, 16 de noviembre de 2023

 OBRADOIRO SOBRE A PEGADA ECOLÓXICA


Hoxe tivemos a segunda sesión da formación "Afronta o reto: Loita contra a Emerxencia climática (programa para unha transición ecolóxica) organizada polo CEIDA. 

Na sesión de hoxe levamos a cabo un obradoiro sobre a pegada ecolóxica, onde cada un de nós calculamos a nosa pegada mediante un sinxelo test con datos sobre a nosa vida cotiá. Logo fixemos un debate en base aos resultados obtidos e Jorge e Verónica, traballadores do CEIDA, fixerónnos reflexionar sobre a importancia de minimizala. 






miércoles, 15 de noviembre de 2023

VISITAMOS O TEATRO

Durante este mes estase a celebrar a "39° Mostra do teatro infantil e xuvenil de Narón". 

Hoxe acudimos ao Pazo da Cultura para disfrutar da obra de teatro" Hugo" da man da compañía Los Náufragos Teatro.

Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tocar o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar as súas plantas. Hugo ten Tea, trastorno do espectro autista.

Hugo é, en definitiva, un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.

Hugo é unha obra que aborda, coa máxima sensibilidade, as micro discriminacións diarias experimentadas polas persoas con TEA. 

Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e da importancia da diferencia. 

SER DIFERENTES NOS FAI GRANDES. 








viernes, 10 de noviembre de 2023

 CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

H0XE, NO COLEXIO, CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO.

COMEZAMOS A MAÑÁ CON XOGOS NO PAVILLÓN XUNTO COS NOSOS COMPAÑEIROS/as DE 4º DE PRIMARIA.  ENTRE OS XOGOS PROPOSTOS FIXEMOS RELEVOS CON CASTAÑAS, CREACIÓN DE QUEBRACABEZAS EN EQUIPOS, ENCESTAR CASTAÑAS EN CAIXAS... DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DO BEN CO PASAMOS. 









DESPOIS DOS XOGOS NO PAVILLÓN, CHEGOU O MOMENTO DE REPOÑER FORZAS COA DEGUSTACIÓN DAS CASTAÑAS ASADAS. QUE RICAS ESTABAN!


PARA REMATAR O DÍA CHEGOU O MOMENTO DE FESTEXAR O DÍA DO PEÓN: "POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO. A PISTA EXTERIOR CONVERTEUSE NUN ESPAZO ONDE NENOS E NENAS, MESTRES E MESTRAS BAILAMOS O NOSO PEÓN. 




















MOITAS GRAZAS AOS MESTRES BÁRBARA E NANDO POR FACERNOS DISFRUTAR DUNHA XORNADA TAN DIVERTIDA. 


FOI UNHA MÁGOA, QUE DEBIDO AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS, TIVÉRASE QUE SUSPENDER A PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE. ESPERÁMOSVOS O ANO QUE VÉN. 



jueves, 9 de noviembre de 2023

 LOITA CONTRA A EMERXENCIA CLIMÁTICA NO 3º CICLO

Hoxe, nas clases de 5º e 6º, tivemos unha charla sobre a problemática da emerxencia climática. 

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

Jorge e Lara, traballadores do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), fixéronnos unha presentación onde expuxeron as causas e as consecuencias do cambio climático no planeta e as súas evidencias en Galicia. Coa súa exposición e vídeos fixéronnos reflexionar e adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos cada un de nós adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos. 

Estamos desexando que chegue xa a semana que vén, para levar a cabo a segunda sesión desta formación, que consiste nun obradoiro sobre a pegada ecolóxica. 

Deixámosvos algúnAs das fotos da charla de hoxe.