Archivo del blog

jueves, 9 de noviembre de 2023

 LOITA CONTRA A EMERXENCIA CLIMÁTICA NO 3º CICLO

Hoxe, nas clases de 5º e 6º, tivemos unha charla sobre a problemática da emerxencia climática. 

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

Jorge e Lara, traballadores do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), fixéronnos unha presentación onde expuxeron as causas e as consecuencias do cambio climático no planeta e as súas evidencias en Galicia. Coa súa exposición e vídeos fixéronnos reflexionar e adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos cada un de nós adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos. 

Estamos desexando que chegue xa a semana que vén, para levar a cabo a segunda sesión desta formación, que consiste nun obradoiro sobre a pegada ecolóxica. 

Deixámosvos algúnAs das fotos da charla de hoxe. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario