Archivo del blog

sábado, 25 de marzo de 2023

TENIS DE MESA NO CPI AS MIRANDAS 2023


        O tenis de mesa é un deporte de raqueta que se disputa entre dous xogadores ou dúas parellas.

É un deporte olímpico dende Seúl 1988 e ademais é o deporte con maior número de practicantes, con 40 millóns de xogadores competindo en todo o mundo.

Considérase, segundo un estudo realizado pola NASA, o deporte máis complicado que o ser humano pode practicar a nivel profesional.

Dise que a práctica deste deporte mellora, entre outras, a capacidade e o tempo de reacción, a coordinación ollo-man, a concentración e a memoria.

Os nosos alumnos e alumnas tiveron 4 sesións, dúas de toma de contacto e aprendizaxe, outra de torneo dentro do centro e, por último, o torneo Intercentros cos coles de Mugardos. Todo impartido por xente do Clube de tenis de mesa de Narón.


 


Houbo grande expectación e resultou moi interesante e gratificante para os participantes, tanto para o alumnado coma para o profesorado implicado na actividade.

Con gañas de seguir competindo!!


 

martes, 28 de febrero de 2023

TEATRO AFUNDACIÓN "WHAT MONSTER?" E VISITA AO MUSEO DA CONSTRUCCIÓN NAVAL EXPONAV- 28 DE FEBREIRO 2023

O alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados polos titores /as, a mestra de lingua inglesa e a auxiliar de conversa fomos hoxe, 28 de febreiro, de excursión a Ferrol. 

 Ao chegar nos diriximos ao edificio de Afundación onde disfrutamos coa representación dunha obra de teatro en lingua inglesa:, What Monster? Foi super divertida! Algúns alumnos e alumnas subiron ao escenario converténdose en actores e participantes activos da obra. Para escachar coa risa. Foi xenial!


Ao rematar o teatro merendamos nos xardíns durante o tempo libre que tiñamos para a nosa próxima parada, (algúns rapaces e rapazas socializaron con outros nenos e nenas das outras escolas). 

 

    Nos diriximos ao Museo da Construcción Naval, Fundación EXPONAV, participando nunha visita guiada. Unha monitora moi amable foinos explicando todo o que alí había. Aprendimos unha morea de cousas sobre barcos e utensilios mariños. Moitas curiosidades! Mesmo que "broma" é un tipo de verme que carcome a madeira, que cousas!Antes de marchar fixemos un Kahoot. A monitora quería  comprobar o atentos que estivéramos durante a visita e o resultado foi moi positivo. Houbo un empate. De 15 preguntas os dous equipos acertamos 14. Non estivo nada mal. 

    Coma despedida da nosa visita, déronnos un agasallo!

 


    E xa como remate regresamos á escola contentos con esta experiencia.

Foi unha xornada inesquecible!!!