Archivo del blog

viernes, 4 de febrero de 2022



 COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

DÍA DA PAZ 


O 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz".  Por iso, ao longo destas semanas fomos realizando diferentes actividades para a conmemoración de este día. 


Este é o video que gravamos todo o cole para festexar este día. Aprendemos a canción "SIENTE LA PAZ" e signámola en LSE.



Realizamos uns atrapasoños da paz e quedáronnos así de bonitos!



          















Dentro do proxecto Erasmus fixemos entre todo o cole un mural pola paz cunhas ás de plumas feitas por todo o alumnado do cole. 








Na sección bilingüe de 5º de EP coa mestra Nuria fixemos este mural con pombas de papeis de cores. Mirade que ben luce na entrada do noso corredor.









 O 3º CICLO OS DESEXA UN BO NADAL

Este ano as mestras do 3º ciclo preparáronnos unha sorpresa moi especial, un CALENDARIO DE ADVIENTO con diferentes retos e actividades para realizar dende o 1 de decembro ata o último día antes das vacacións de Nadal. 

A continuación, vos deixamos algunhas fotos das tarefas realizadas. 











Como este ano no noso colexio o proxecto do centro ten como temática o "medio ambiente", as mestras nos propuxeron facer o xogo do amigo invisible, utilizando materiais reciclados que tiñamos por casa.  Algúns dos agasallos foron: 









                                                 


                         
      


              
           
 


O último día antes das vacacións tivemos a visita dos Reis Magos no polideportivo. Alí depositamos as nosas cartas e charlamos un pouco con eles. Nos agasallaron cun paquete de doces moi ricos!!


QUE PASEDES UN BO NADAL E UNHAS FELICES FESTAS. 






Aquí tedes o enlace ao vídeo da felicitación navideña feita por toda a comunidade educativa do CPI AS Mirandas. 


DATA: Decembro - 2021. 

 CREAMOS A NOSA PROPIA EMPRESA

Neste 1º trimestre nas clases de 6º de EP na área de Ciencias Sociais estamos a deseñar a nosa propia empresa en grupos cooperativos. 

En primeiro lugar, falamos dos distintos tipos de empresa que coñecíamos (alimentación, téxtil, automoción, enerxías...) e fixemos unha chuvia de ideas. 

Logo cada grupo decidiu de que sería a súa empresa e puxémonos mans a obra. Pensamos un nome atractivo para chamar a atención dos nosos clientes, deseñamos un logo, decidimos a noso endero e cuestións varias relativas as nosas materias primas, o tipo de enerxía/as da nosa empresa, medidas para ter un desenvolvemento sostible...

Quen sabe, se algún día, algunha destas empresas será unha realidade?


























Data: Decembro do 2021.