Archivo del blog

jueves, 21 de junio de 2018

UN PASEO POLA COSTA DE MUGARDOS 
 ONDAS DE ILUSIÓNS
Por fin puidemos facer o noso paseo pola costa mugardesa previsto para o 5 de xuño, pero o tempo, este tempo marabilloso que levamos sufrindo nos últimos meses, provocou que tivésemos que aprazalo e finalmente puidemos pasear cun tempo soleado e caluroso este 19 de xuño os rapaces e rapazas de 6ºde primaria e o 20 de xuño os de 5º de primaria.
Foi divertido e moi relaxante, a verdade é que estivo moi ben, puidemos falar cunha mariscadora que nos estivo contando moitas curiosidades e aprendimos a recoñecer algunhas prantas que hai na costa así como outros seres vivos que podemos atopar cando camiñamos pola area.  
Moitas grazas por esta mañá tan apetecible e chea de diversión.
Aquí vos deixo algunhas mostras da nosa visita.



Acabando de chegar!




 As árbores que nos acompañan!
  






Diana nos aprendeu un montón!

                         

                               Facendo xogos!!



Rematando a actividade.

Moitas grazas por esta estupenda experiencia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario