Archivo del blog

martes, 23 de abril de 2024

 23 DE ABRIL "DÍA DO LIBRO"

O Día do Libro nace hai case 100 anos coa idea de homenaxear ao autor do Quixote, Miguel de Cervantes, ou como el asinaba, Miguel de Cerbantes. Si, con B.

Aínda que ao principio comezouse celebrando a súa figura na data do seu nacemento, os bailes de datas típicos dos doctos investigadores que poñían en dúbida que fose o 7 de outubro (esa fora a data orixinal), sumado ao mal tempo de comezos de outubro, fixo que a data se pasase ao 23 de abril, pois unha coincidencia astral fixo que coincidisen nese día a morte do xenial Cervantes coa do non menos xenial Shakespeare.

Para celebrar o Día do Libro, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria prepararon e adaptaron contos para a súa posterior representación con títeres ao alumnado de Educación Infantil. Os títeres tamén foron creados por eles con material de reciclaxe na materia de plástica. 

Aquí vos deixamos as obras que representamos:













8 de Marzo "Día da Muller Traballadora"

 8 de Marzo 'Día da Muller Traballadora'

Durante estos primeros días de marzo, os nenos e nenas de 6° de Primaria estamos a facer un traballo de investigación sobre mulleres olímpicas e a importancia do papel da muller no mundo do deporte. Aproveitando que a temática do proyecto deste trimestre son os Xogos Olímpicos.


Os mestres Iria e David propuxéronnos crear unha maleta, onde recoller toda a información relacionada coa nosa muller Olímpica: biografía, deporte que practica e explicación do mesmo, Xogos Olímpicos nos que participou, se ten ou non medallas, datos de interese, e unha pequena reflexión acerca da importancia do papel da muller no Xogos Olímpicos e no deporte en xeral. 


Así de fermosas quedaron as nosas maletas: 







viernes, 1 de marzo de 2024

23 De Febreiro Día de Rosalía

O pasado venres, día 23 de febreiro, no 3° ciclo festexamos o día de Rosalía de Castro.

Os nenos e nenas de 5°e 6° buscamos poemas de Rosalía en galego e os escribimos en forma de caligrama na silueta do seu rostro.
Despois decoramos a súa cara e fixemos un mural que loce así de fermoso no noso corredor.


Como actividade proposta polo equipo de Normalización preparamos a lectura dalgúns dos poemas máis coñecidos de Rosalía en galego. Aquí vos deixamos unha pequena Mostra.



Feliz Día de Rosalía de Castro!!! 

viernes, 23 de febrero de 2024

FELIZ DÍA DO AMOR

No 3 ciclo gústamos moito celebrar todas as  conmemoracións. E San Valentín, o día do amor, non podía faltar no noso calendario. 

Nas clases de 6° estivemos a deseñar os distintos tipos de estrofas traballados na clase de galego (pareados, cuartetos, serventesios...) coa temática de amor.

A continuación, deixámosvos algúns vídeos coa recitación dos nosos versos.








APADRIÑAMENTO LECTOR 

Outro ano máis, grazas a nosa Biblioteca Carabela, fixemos de padriños e madriñas lectores dos nenos e nenas de Educación Infantil.


Lémoslles diferentes contos polos corredores do colexio e na biblioteca. Pasamos unha xornada moi divertida!! 















jueves, 22 de febrero de 2024

 ENTROIDO DE CINE NO CPI AS MIRANDAS



Aínda que este ano o tempo non nos acompañou para que puidésemos desfilar polas rúas de Ares, non deixamos de celebrar o noso tradicional entroido. Este ano a temática foi de cine, nunca mellor dito. Polo pabillón do cole desfilaron personaxes de emblemáticas películas de todos os estilos: Robin Hood, Piratas do Caribe, Karate Kid, Air Bud, acompañados dun grande equipo técnico de profes.

Rematamos a xornada degustando uns riquísimos doces de entroido: orellas, freixos, rosquillas, chocolate.... grazas a colaboración das nosas familias. Unha vez xa fartos, chegou o momento de bailar e de mover o esqueleto, para iso improvisamos a nosa propia discoteca, onde non faltaron as luces de cores e a boa música.  Unha xornada estupenda!.

 Aquí vos deixamos o vídeo do desfile do pabillón do alumnado de infantil e de primaria. 



QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!!

   30 DE XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA PAZ 

A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas  propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora.

Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.

Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. 


O acto finalizou cantando todos xuntos  a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.