Archivo del blog

jueves, 25 de marzo de 2021

MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST

     Na clase de 5ºA E.P. durante este segundo trimestre, estivemos lendo un libro chamado "Mamá, quero ser  Ziggy Stardust", un libro que trata a temática LGTBI+ xa que neste curso 5º e 6º estamos inmersos no Contrato-programa CON-VIVE que favorece a coeducación, igualdade e trata a LGTBI-fobia.

    Este libro conta a historia de Aine, unha nena que dende pequena xa sabe que quere ser un neno. A súa familia non o apoia pero a súa nai logra comprendelo e axudalo. Aine identíficase coa figura de Ziggy Stardust e quere ser como el.

    Ao rematar o libro, quixemos afondar máis sobre quen era Ziggy Stardust e fixemos un traballo de investigación sobre o personaxe, buscamos imaxes na rede,  debuxamos e escribimos as nosas opiniones sobre o tema. 







Aprendemos moitas cousas novas sobre Ziggy Stardust e o seu creador, o cantante DAVID BOWIE











Grazas Iria Misa, autora deste libro, por deixarnos coñecer a Aine.














"SÉ LIBRE DE SER QUEN QUEIRAS SER"



miércoles, 17 de marzo de 2021

OS ECOSISTEMAS - 5º EP

 Durante estas últimas semanas estivemos traballando en ciencias naturais o tema dos ECOSISTEMAS. 

Primeiro limos e explicamos o tema para que entendesen ven os compoñentes dos ecosistemas e os  diferentes tipos que existen.

Para afianzar os novos coñecementos, creamos uns LAPBOOKS. 

Cada un elixiu o tipo de ecosistema sobre o cal quería investigar e, durante varias clases construimos o noso propio lapbook.


Primeiro, buscamos a información que necesitábamos na rede e as imaxes que queríamos pegar nos nosos traballos.

E logo diseñamos o no LAPBOOK ao noso gusto. Deixamos voar a nosa imaxinación o saíron traballos tan completos e bonitos coma estos. Aprendimos un montón de cousas novas sobre os ecosistemas. 








Quedaron todos os LAPBOOKS moi ben e estamos moi orgullosos do resultado.







Non esquecemos que temos que coidar os nosos ecosistemas para poder conservalos....

"ENSINAR A COIDAR O MEDIO AMBIENTE É ENSINAR A COIDAR A VIDA"



jueves, 11 de marzo de 2021

Maletas Viaxeiras

 A semana pasada Chelo a asesora de bibliotecas escolares deixounos dúas maletas viaxeiras: Ciencias para primaria e Banda Deseñada para ESO.

Dividímolas e distribuímolas polas aulas, cando as recollamos ensinarémosvos o partido que lle sacaron a cada unha.

Disfrutádeas!!💜💜💜






lunes, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo. Día internacional da muller." "Descaradas" de Amelia Secas

Para traballar o Día internacional da muller eliximos a obra de Amelia Secas, a nosa querida Mely, que foi mestra dos nosos alumnos e alumnas.

Pinchade aquí abaixo e veredes a súa páxina:

Amelia Secas-myartsonline 

 http://secas.myartsonline.com/yo/index.html

Dentro da súa obra eliximos a serie  "Descaradas" :

 DESCARADAS - AMELIA SECO

http://secas.myartsonline.com/galeria/descaradas.html



 E coma acompañamento destas obras de arte feitas con moito agarimos un pequeno video onde nos contan un pouquiño dos soños de futuro dalgunhas das nosas rapazas.:

 e por enriba de todo non esquezamos que os seres humanos, sen importar a nosa condición, teñamos os mesmos dereitos e deberes e o mesmo respecto e consideracón.



 

 8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, festexamos o día internacional da muller. As clases de 5ºA e 5ºB de EP, estivemos facendo durante estes días un mural conxunto sobre mulleres importantes que temos na actualidade: cantantes, actrices, políticas, científicas, cociñeiras, empresarias... 

Coñecemos un pouco máis a cada unha de elas e fixemos unha ficha cos datos máis significativos que encontramos na rede. 








Esperamos que vos guste!







Porque todos os días deberían ser 8 de marzo 


"Una mujer debe ser dos cosas: quien ella quiera y lo que ella quiera" (Coco Chanel)

lunes, 15 de febrero de 2021

ENTROIDO E SAN VALENTÍN EN ARES

ENTROIDO E SAN VALENTÍN 2021

        Coma xa todos sabemos este é un ano moi diferente que calquera outro no pasado. Debemos ser moi coidadosos e tentar manternos seguros e sans.

Mais, de calqueira xeito sempre estamos a facer cousas.

Nesta ocasión puidemos gozar preparando antifaces e broches de corazóns, un traballo conxunto de Extraescolares, do proxecto Erasmus+ e, coma non, do fomento ás nosas tradicións e á lingua galega,  amosándolle ao mundo que nós somos auténticos superhéroes.

Así, aquí podedes ver que cada día intentamos estar ben e contentos, e malia non poder saír ás rúas como manda a tradición, os nosos rapaces e rapazas viviron o ambiente de Entroido nas aulas:

5º A
 
5º B

6º A

6º B
 Gran traballo en equipo!!

        Desexamos que teñades un fantástico dia de San Valentín, o día do amor e a amizade.

E uns días de Entroido de descanso merecido!!