Archivo del blog

domingo, 28 de enero de 2018

SAÍDA A CORUÑA

O 18 de xaneiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º  fixemos unha saída a Coruña.
Pola mañá asistimos a un concerto didáctico no Palacio da ópera :" Cousas de catro" do grupo Odaiko.Fixeéronos pasar un bo rato e todos participamos nalgún momento.

Despois  estivemos no Parque de Santa Margarida con tempo libre para xogar un pouco.

 O  xantar fixémolo xa no comedor do Muncyt.

Xa pola tarde realizamos varias actividades por grupos ,acompañados polos profes e monitores.
Pasámolo moi ben !









































viernes, 22 de diciembre de 2017

NADAL 2017



Remata o trimestre e chegamos ao Nadal, onde as ilusións e os soños poden converterse en realidade.
Traballamos moito, algúns moitísimo e outros ... máis ou menos.
Co motivo destas celebracións estivemos preparando algúns detalles para levar á casa.

Aquí vos deixo algunhas mostras.
 






Nestes días de celebracións e descanso poderemos cargar as pilas para volver a enfrontarnos ao Novo Ano, ao 2018 con moita forza e moitas ganas de seguir facendo e aprendendo moitas, moitísimas cousas.

                               BO NADAL e FELIZ ANO NOVO!!!

martes, 28 de noviembre de 2017

VISITA DEL ILUSTRADOR Y COLORISTA DIEGO LÓPEZ

Hoxe visitounos Diego Lòpez, un ilustrador e colorista de cómics .
Debuxa sobre todo para cómics franceses. Amosounos algúns deles. Gustáronnos moito.
Pasamos un bo rato .





sábado, 25 de noviembre de 2017

"THANKSGIVING"

Un ano máis os rapaces de 5º e 6º aprendimos un pouquiño da historia da celebración de "Acción de gracias" - THANKSGIVING.
Aprendimos vocabulario, limos a historia das orixes desta festividade e puidemos ver un vídeo.


                  

Afortunadamente este curso volvemos ter unha auxiliar de conversa, Romy, de Nueva York. Ela nos contou moitas cousas sobre esta especial e importante celebración.


Para rematar, fixemos uns traballos en plástica relacionado con esta festa:





                                                    

HAPPY THANKSGIVING!!!  


sábado, 18 de noviembre de 2017

VISITA A SGHN E EXPONAV

  No mes de setembro  fixemos unha visita guiada a SGHN e EXPONAV .
Foi un agasallo de GALP (golfo ártabro ) pola nosa participación ( o derradeiro curso) no programa "ondas do mar", onde acadamos o premio de relatos sobre o mar, traballo premiado da compañeira Clara Magariños( que este ano xa está na ESO).
Pasamos unha moi boa xornada.

         EXPONAV








 
                                                             
                                  
         
SGHN