Archivo del blog
martes, 1 de noviembre de 2016
viernes, 17 de junio de 2016
ABRAIO
ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas
capacidades, independientemente das diferentes características que nos forman
como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e
diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura,
tradicións, valores…
Quizáis non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles
que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade
atentos que COMEZAMOS!
Para celebrar o Día Nacional das Línguas de Signos Españolas, varios centros de toda Galicia fixemos unha videoconferencia para que o alumnado xordo integrado neles, se puidera coñecer. os centros que participaron foron:
- Escola Infantil Abelliñas ( Oleiros, A Coruña).
- CEIP As Mercedes ( Lugo ).
- CEIP Mariñamansa (Ourense ).
- CEIP Escultor Acuña ( Vigo ).
- Universidade Laboral ( Ourense ).
- CPI As Mirandas.
Os nenos e nenas xordos e oíntesw, quedaron encantados deste primeiro encontro virtual e desexan que non sexa o último para seguir compartindo experiencias en língua de signos.
jueves, 16 de junio de 2016
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE ARES
Este curso, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha boa recolleita de xogos populares e tradicionais de Ares, preguntándolle ás súas familias e veciños a que xogaban cando eran pequenos.
E aquí tedes algúns dos xogos que máis lles gustaron.
Tamén quixeron ser partícipes desa transmisión da tradición, ensinándolles eses xogos aos máis pequenos/as de primaria.
E aquí tedes algúns dos xogos que máis lles gustaron.
Tamén quixeron ser partícipes desa transmisión da tradición, ensinándolles eses xogos aos máis pequenos/as de primaria.
domingo, 22 de mayo de 2016
SANTIAGO + GAIÁS.
| SANTIAGO. ALUMNOS DE 5º e 6º |
Logo tomamos un bocata na alameda,onde poidemos xogar un pouco.
Despois fomos xantar ao Gaiás.E pola tarde visitamos a exposición CON FÍO,.
Repartíronnos en distintos grupos e vimos como foi evolucionando a moda dos deseñadores galegos.
Para os de 6º foi un obradoiro bilingüe (galego, inglés).
Foi unha xornada xenial !!!!! -
jueves, 17 de marzo de 2016
sábado, 27 de febrero de 2016
ÉRICA ESMORÍS
O martes 23 os alumnos de 5º e 6º de E.P. tivemos a visita da autora Érica Esmorís gañadora do premio Merlín 2015 co seu libro Nena e o mar.
Foi unha sesión moi amena, falamos do seu libro (que estamos a ler),tamén un pouco da súa vida. Contounos que sempre lle gustaron os animais, o mar e escribir(É veterinaria).Escoitamos tamén a banda sonora que se fixo para este libro (o seu mozo é músico).
Para rematar fixémoslle moitas preguntas as que ela respondeu con agrado.

miércoles, 10 de febrero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
