Archivo del blog

miércoles, 11 de noviembre de 2020

OBRADOIRO "Pradeiras Mariñas, tesouros de biodiversidade” - 6º de Educación Primaria

 

O noso alumnado de 6º de Educación Primaria está a participar no Programa educativo de seguemento científico:

“Pradeiras Mariñas, tesouros de biodiversidade” 

A primeira actividade na que participamos é este Obradoiro donde as relatoras, as dúas chámanse igualiño "Verónica" nos amosaron a riqueza da nosa costa, do noso fondo mariño e os beneficios ambientais, económicos e sociais que as pradeiras proporcionan  en diferentes ámbitos así como para a vida de moitos outros seres vivos.

Entre outras hoxe puidemos aprender a importancia ecolóxica que teñen as pradeiras mariñas, xa que proporcionan numerosas vantaxes nos hábitats que as arrodean.

Foi unha actividade moi interesante, produtiva e divertida e estamos desexosos de participar activamente no vindero encontro onde nos aventuraremos a visitar a praia e aprender directamente na natureza do que estivemos a traballar hoxe.


Moitas grazas ás relatoras e ao CEIDA que nos están a dar a oportunidade de participar neste proxecto e aprender a coidar e querer aínda máis o noso entorno.
 
GRAZAS!!

 

Vémonos axiña!



 

 

 

 

sábado, 31 de octubre de 2020

HAPPY HALLOWEEN e SAMAÍN

 Halloween vs Samaín

Un ano máis chegou o Halloween e o Samaín a Ares, e coma era de esperar dalgún xeito o estamos a celebrar na escola e nos nosos fogares.

Así os rapaces e rapazas estiveron facendo decoracións para as súas casas.







Pasádeo moi ben!!!


 

 

sábado, 3 de octubre de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS

 BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO 2020 - 2021

Ola  a todos e a todas!!

Benvidos e benvidas a este novo curso cheo de novidades ás que nos teremos que adaptar. 

Aínda así poderemos facer motitísimas cousas coa vosa colaboración e sabemos que estades cheos de fantásticas ideas.


 

Para comezar aquí tedes dispoñibles este enlace onde atopareces unha morea de xogos:

https://www.turisteandocosmiudos.gal/