Este ano toca facer os disfraces que teñan relación co mar, debido ao noso proxecto " DENDE ARES CARA Ó MAR".
Nós decidimos facer os nosos de MEDUSAS.
Aquí temos algunha mostra do moito que traballamos.
Archivo del blog
domingo, 11 de febrero de 2018
jueves, 1 de febrero de 2018
NAVEGANDO
Hoxe, tivemos unha sorpresa especial dentro da biblioteca, dous traballadores do Nautico Ría de Ares,Natalia e David que son monitora e encargado de mariñería respectivamente, trouxéronnos un OPTIMIST para achegarrnos o mundo da navegación. O Optimist é un pequeno barco de vela para que os nenos e nenas ata os 15 anos poidan aprender a navegar. Natalia explicounos a importancia do vento (que é o combustible ), as distintas partes: botavara, cabos, orza... e algo que é moi importante, que nos concienciemos da importancia de manter limpas as nosas augas. Ao final, ensináromnos un video resumo de como saen ao mar os nenos e nenas que estan aprendendo a navegar. Moitas gracias Natalia polas túas explicacións e a David por facer posible esta actividade .
5º E.P.
6º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
domingo, 28 de enero de 2018
SAÍDA A CORUÑA
O 18 de xaneiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos unha saída a Coruña.
Pola mañá asistimos a un concerto didáctico no Palacio da ópera :" Cousas de catro" do grupo Odaiko.Fixeéronos pasar un bo rato e todos participamos nalgún momento.
Despois estivemos no Parque de Santa Margarida con tempo libre para xogar un pouco.
O xantar fixémolo xa no comedor do Muncyt.
Xa pola tarde realizamos varias actividades por grupos ,acompañados polos profes e monitores.
Pasámolo moi ben !

Suscribirse a:
Entradas (Atom)