Na clase de 5ºA E.P. durante este segundo trimestre, estivemos lendo un libro chamado "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", un libro que trata a temática LGTBI+ xa que neste curso 5º e 6º estamos inmersos no Contrato-programa CON-VIVE que favorece a coeducación, igualdade e trata a LGTBI-fobia.
Este libro conta a historia de Aine, unha nena que dende pequena xa sabe que quere ser un neno. A súa familia non o apoia pero a súa nai logra comprendelo e axudalo. Aine identíficase coa figura de Ziggy Stardust e quere ser como el.
Ao rematar o libro, quixemos afondar máis sobre quen era Ziggy Stardust e fixemos un traballo de investigación sobre o personaxe, buscamos imaxes na rede, debuxamos e escribimos as nosas opiniones sobre o tema.
Aprendemos moitas cousas novas sobre Ziggy Stardust e o seu creador, o cantante DAVID BOWIE.
Grazas Iria Misa, autora deste libro, por deixarnos coñecer a Aine.
"SÉ LIBRE DE SER QUEN QUEIRAS SER"