Archivo del blog

domingo, 19 de mayo de 2024

"The Ants' Party" Storytelling session by the 6th grade students.

     "The Ants' Party"  A funny storytelling session by the 6th grade students.

On the 13th, 15th and 16th of May the 6th grade students held several storytelling sessions for the  Pre-school education students and 1st and 2nd year of Primary education.

It has been a great experience for both the storytellers and the audience.

miércoles, 15 de mayo de 2024

 AMBIENTES NO 3° CICLO

Ao longo do 2° e 3° trimestre os alumnos e alumnas de 5°e 6° estivemos a traballar coa temática dos Xogos Olímpicos.

Todos os mércores as nosas aulas convertíanse en ambientes, onde os nenos e nenas en grupos mixtos dos distintos niveis levaban a cabo actividades  manipulativas e de experimentación, obradoiros de arte e multitude de xogos relacionados coa temática das Olimpiadas e coas materias de matemáticas, ciencias sociais, ciencias naturais e plástica. 

 24 DE ABRIL: VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 O pasado, mércores 24 de abril, os alumnos e alumnas do 3º ciclo tivemos unha saída a Santiago de Compostela. 

Alí visitamos os Xulgados de Santiago para participar no proxecto "Educar en Xustiza". Tivemos a oportunidade de escoitar en directo un xuízo e recorremos as distintas instalacións do Xulgado, a zona que máis nos impresionou foron os calabozos. 

Despois desta visita tan interesante, que quedará marcada para sempren en nós, fomos a comer ao comedor universitario da Facultade de Mediciña da Universidade de Santiago. Foi todo unha experiencia!!!

Pola tarde visitamos a FP Innova, Congreso de Innovación na Formación Profesional, un evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica. Alí puidemos probar un simulador dun coche de fórmula 1, xogar con gafas de realidade virtual, pinchar nunha discoteca como dj e probar moitas comidas innovadoras, entres as cales tivo moito éxito o xeado de chocolate feito con aceite de oliva. 

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!!!



martes, 23 de abril de 2024

 23 DE ABRIL "DÍA DO LIBRO"

O Día do Libro nace hai case 100 anos coa idea de homenaxear ao autor do Quixote, Miguel de Cervantes, ou como el asinaba, Miguel de Cerbantes. Si, con B.

Aínda que ao principio comezouse celebrando a súa figura na data do seu nacemento, os bailes de datas típicos dos doctos investigadores que poñían en dúbida que fose o 7 de outubro (esa fora a data orixinal), sumado ao mal tempo de comezos de outubro, fixo que a data se pasase ao 23 de abril, pois unha coincidencia astral fixo que coincidisen nese día a morte do xenial Cervantes coa do non menos xenial Shakespeare.

Para celebrar o Día do Libro, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria prepararon e adaptaron contos para a súa posterior representación con títeres ao alumnado de Educación Infantil. Os títeres tamén foron creados por eles con material de reciclaxe na materia de plástica. 

Aquí vos deixamos as obras que representamos:













8 de Marzo "Día da Muller Traballadora"

 8 de Marzo 'Día da Muller Traballadora'

Durante estos primeros días de marzo, os nenos e nenas de 6° de Primaria estamos a facer un traballo de investigación sobre mulleres olímpicas e a importancia do papel da muller no mundo do deporte. Aproveitando que a temática do proyecto deste trimestre son os Xogos Olímpicos.


Os mestres Iria e David propuxéronnos crear unha maleta, onde recoller toda a información relacionada coa nosa muller Olímpica: biografía, deporte que practica e explicación do mesmo, Xogos Olímpicos nos que participou, se ten ou non medallas, datos de interese, e unha pequena reflexión acerca da importancia do papel da muller no Xogos Olímpicos e no deporte en xeral. 


Así de fermosas quedaron as nosas maletas: 







viernes, 1 de marzo de 2024

23 De Febreiro Día de Rosalía

O pasado venres, día 23 de febreiro, no 3° ciclo festexamos o día de Rosalía de Castro.

Os nenos e nenas de 5°e 6° buscamos poemas de Rosalía en galego e os escribimos en forma de caligrama na silueta do seu rostro.
Despois decoramos a súa cara e fixemos un mural que loce así de fermoso no noso corredor.


Como actividade proposta polo equipo de Normalización preparamos a lectura dalgúns dos poemas máis coñecidos de Rosalía en galego. Aquí vos deixamos unha pequena Mostra.



Feliz Día de Rosalía de Castro!!! 

viernes, 23 de febrero de 2024

FELIZ DÍA DO AMOR

No 3 ciclo gústamos moito celebrar todas as  conmemoracións. E San Valentín, o día do amor, non podía faltar no noso calendario. 

Nas clases de 6° estivemos a deseñar os distintos tipos de estrofas traballados na clase de galego (pareados, cuartetos, serventesios...) coa temática de amor.

A continuación, deixámosvos algúns vídeos coa recitación dos nosos versos.